Ximnasio escola SanclementeCONTACTA CON NOSDirección: Rúa San Clemente, n º 1 Santiago de CompostelaTeléfono: 981557175 ACTIVIDADESAikidoProfesor: Juan López Rico. Cuarto Dan.É discípulo do mestre Yasunari Kitaura, introductor do Aikido en España, con quen se iniciou na práctica desta disciplina en 1972. Desde mediados dos oitenta ensina en Santiago de Compostela e é presidente e cofundador da Asociación Cultural Aikikai de Galicia, integrada na Asociación Cultural Aikikai de España (ACAE), que encabeza Kitaura Sensei. O Aikido tense definido como unha magnífica síntese das Artes Marciais xaponesas. É a máis recente destas disciplinas tradi-cionais e foi fundada por Morihei Ueshiba na primeira metade do século XX. Entroncada na esencia do Budo, representa un sublime e coherente sistema de técnicas de defensa en combate frente a calquera caste de ataque e representa tamén o espírito de harmonía con nós mesmos, cos demáis e coa natureza, de maneira que, creado por un home dunha cultura e tradición concreta, enlaza con naturalidade con conceitos universais como o pacifismo ou a ecoloxía. A súa traducción literal sería Camiño (DO) para a harmonización (AI) do KI, da enerxía, a nosa enerxía interior, individual, a que fai que medre unha pranta ou a que move os corpos celestes no cosmos. Como pura disciplina física, o Aikido é un magnífico exercicio, pero tamén é unha actividade cuxa práctica achega relaxación mental e abstracción das tensións cotiás. FitnnesMonitora: Eloise Moreira Castro-Monitora rexional de ximnasia, especialidad aeróbic, (Federación Galega de Ximnasia). -Cursos especificos con Work Fitness de Fitness na 3ªedad e "Power Tono". -Cursos monográficos de Aeróbic e sep con Carmen Díaz. Entrenamento con cargas lixeiras dirixido á millora progresiva do tono, resistencia e flexibilidade muscular, ademaìs do acondi-cionamento cardiovascular, sen renunciar ó aspecto lúdico. Material necesario: Roupa cómoda e calzado deportivo. BalletProfesora Gail L. Brevitt Lénton. Natural de Birmingham e agora residente en España, Gail é profesora titulada pola Real Academia de Danza de Inglaterra. Completou os seus estudios profesionais na escola vocacional "Laine Theatre Arts" de Londres ao mesmo tempo que desenvolvía experiencias prácticas de ensino e de actuacións en obras musicais.Ten experiencia de máis de 20 anos no encino de Ballet Clásico, Danza Moderna e Contemporánea, Danza Claqué e Danzas Tradicionais do Mundo. Así, ten preparado alumnos para exámenes a todos os niveis, mesmo profesionais, e desenvolvido espectáculos de danza e teatro musical de variados estilos. Desde o ano 1997, Gail ten sido profesora invitada na cidade de Santiago, impartindo cursiños de diversas materias, sobre todo na posta a punto dos programas dos exames da Royal Academy of Dance, da que é especialista. DanzaProfesora: Irene Mª López GagoINICIACIÓN Á DANZA CLÁSICA PARA ADULTOS Nesta clase preténdese acadar un nivel óptimo para o desenrolo físico e técnico da Danza Clásica, que permita ó alumnado realizar traballos coreográficos propios desta disciplina. A duración das clases é de dúas horas, nas que se inclúen exercicios do método Pilates aplicados á danza, traballo técnico de Ballet na barra e no centro, e coreografías. A clase remata con media hora de puntas para os alumnos que teñan a base física requerida. MÉTODO PILATES A práctica deste método ten como obxectivo tonificar os músculos dunha forma completa e anaeróbica. Neste nivel pretendemos acadar o coñecemento dos exercicios máis básicos desta metodoloxía, así como a súa correcta execución. DANZA MODERNA Neste curso preténdese un achegamento á Danza Moderna, por medio de distintos exercicios que permiten o desenrolo desta actividade (xiros, estiramentos, traballo de coreografía...) TaekwondoProfesor: Roberto Ron Mirás. Cuarto Dan.Adestrador Nacional de Tae kwon-do, Técnico Superior en Animación de Actividades Físico-deportivas, leva 5 anos adicado á ensinanza desta disciplina. Resultados como adestrador: Alumnos medallistas en campionatos galegos das diferentes categorías; campión galego por equipas e sub-campión na categoría promoción no ano 2003. Resultados como competidor: 3º clasificado no campionato galego absoluto do ano 1999 e 3º na primeira Copa de Galicia, no ano 2.000. Campión da Copa Federación de técnicas en dúas ocasión 2.002 e 2.003. O Tae kwon-do é un arte marcial moi completa, ainda que é coñecida principalmente pola súa espectacularidade e polas técnicas de perna, máis frecuentes na súa faceta de combate. Como arte marcial, no Tae kwon-do predomina a técnica de brazo e a práctica dos Pumses (Combinacións preestablecidas) sen esquecer o emprego da perna, mesmo para técnicas de defensa. Material necesario: Para o combate precísanse proteccións e, para a práctica normal, é recomendable o emprego do dobok (traxe de Tae kwon-do) e o ti, cinto. Federación Galega de Tae kwon-do www.taekwondogalego.com Federación Española de Tae kwon-do www.fetaekwondo.es Federación Mundial de Tae Kwon-do www.wtf.org . KarateProfesor: José García Nieves. 4º Dan de karate .Adestrador nacional, árbitro nacional , xuíz nacional , experto en Defensa Persoal. Ademais, ten a titulación de monitor de Jiu-Jitsu – Goshin. En canto ó curriculum deportivo, é campión galego en varias ocasións na modalidade de Kumite, e é ex-membro da Selección Galega senior de Kumite.É un arte marcial xaponés con orixe na illa de Okinawa e influencias chinas, que se desenrola sobre todo a partires do ano 1609 cando os xaponeses invaden Okinawa e prohiben o uso de armas. Caracterízase polo uso das armas naturais do corpo, é dicir, puños, pernas, etc... para realizar técnicas de defensa e ataque. Nel predominan os atemis (golpes de puño, coda, pé, nocello....) pero tamén se utilizan as luxacións, estrangulacións e proxeccións. Wing-tsunProfesor: Ricardo Romero LópezCursa os seus estudos de Técnico en Actividade Física e Animación Deportiva (TAFAD) no Colexio Santa Apolonia. Máis tarde, centra a súa traxectoria profesional no mundo das artes marciais, acadando 6 veces o primeiro posto no campionato galego de Karate. Conta co cinto negro 3º DAN de Karate, o cinto negro 3º DAN de Defensa Persoal Policial e o cinto negro de Tai-Jitsu. Obtén ademais o primeiro grao técnico de Wing-Tsun. É monitor rexional de boxeo e de loita libre, e traballa tamén de Seguridade como formador da policía local. Así tamén, traballa de instructor de Wing-Tsun e Esgrima no ámbito de Galicia. O Wing-Tsun ten a súa orixe na cidade cantonesa de Fat Shan, no sur da China, entre finais do século XVII e principios do XVIII, pero mantívose en secreto ata que no século XX o último gran mestre, Yip Man, trasladouse a Hong Kong e empezou a ensinalo publicamente nos anos 50. Yip Man tivo moitos discípulos e o derradeiro foi Leung Ting. O Wing-Tsun é un estilo simple e directo, que ten como principio fundamental neutraliza-la forza do atacante. Ensina movementos efectivos nun ataque real (patadas, golpes de coda e nocello, chaves, estrangulacións, derribo, loita no chan...), e tamén nunha defensa. Pode practicalo calquera persoa, independentemente da súa forma física ou idade. O seu adestramento consiste na realización de exercicios técnicos, aprendizaxe de técnicas de combate (latsao), exercicios de sensibilidade (chisao) e técnicas de corpo a corpo (antichan). Tai-jitsuProfesor: José García Nieves. 4º Dan.O Tai-jitsu é un Arte Marcial clásico xaponés, cuxa orixe se remonta ó século XVI. O seu espírito de Defensa Persoal é unha característica significativa e era parte da formación dos Samurais e Guerreiros, para a loita sen armas, cando por algunha razón non podían facer uso das súas Katanas ou armas, de tal forma que utiliza todo tipo de luxacións, estrangulacións, golpes (atemis) e proxeccións.. Bailes de salónFRANCISCO JOSÉ MUñíZ FONTAÍñAProfesor,
bailarín e
coreógrafo de Bailes de Salón. Inicia os seus
estudios no Ballet Studio de
Santiago de Compostela con Linda Morrison e na
compañía de Danza Tradicional “Brisas
da Terra”, con Xavier Villasenín.
Posteriormente nos stages da Escola
de Ana Maleras de Barcelona, recibe clases de Danza
Contemporánea con Jean Mark
Collet de Francia, Jazz con Walter Nicks de EEUU e Claqué
con Annette Flowers
de EEUU. No ano 1985
inicia
os seus estudios de Bailes de Salón en Barcelona con Mariano
Cortés, Viçens
Torremade e Gloria Sanz. Actualmente
simultanea
o seu traballo como bailarín de competición en stándar e Latino, ca
súa labor docente no Ximnasio-Escola
Sanclemente, no Clube Deportivo da Universidade de Santiago de
Compostela e na
rede de Centros Socioculturais. Compleméntase
ese
traballo de formación cun obradoiro de
coreografía e un clube. Quiromasaxista titulada pola Escuela Superior de Quiromasaje y Terapias Manuales “Lindavista" - Centro homologado pola Federación Española de Profesionales FEDINE -, no ano 2005. No mesmo centro, obtén tamén o título de Reflexoloxía Pedal. Posúe tamén o título de Primeiros Auxilios da Cruz Vermella.-Masaxe Patolóxico ou Terapéutico: conséguese tratar ou eliminar as doenzas ocasionadas por lumbalxias, cervicalxias, ciáticas, tortícole, esguinces, tendinite…e contracturas de todo tipo. Este tipo de masaxe trabállase con técnicas como M.T.P. (Masaxe Transverso Profundo), CYRIAX, crioterapia, termoterapia, punto gatillo... -Masaxe antiestrés ou relaxante: obtense unha liberación das tensións e un alivio da fatiga mental e física ocasionada polo estrés diario, acadando unha sensación física e mental de benestar. -Masaxe deportivo: Precompetición, para osixenar, estimular, quentar os músculos... Postcompetición, para tonificar os músculos e relaxar as posibles contracturas. -Masaxe para nenos: tratamentos para a hiperactividade, o estrés infantil... -Masaxe prenatal e postnatal: sempre baixo prescrición médica, e a partires do terceiro mes de embarazo. -Reflexoterapia: é unha técnica milenaria baseada na presión de certos puntos reflexos na planta dos pés, que aporta moitos beneficios tanto nun nivel físico como mental, como: tranquilidade, equilibrio, liberación de tensións, do cansazo, estimulación da enerxía vital, limpa o organismo de toxinas... Pode recibilo calquera persoa, e serve como tratamento terapéutico para curar trastornos dixestivos de orixe nerviosa, problemas dixestivos, deficiencias circulatorias, problemas xenito-urinarios, deficiencias respiratorias, e doenzas en xeral. KobudoProfesor: José García Nieves. 4º Dan.É un arte marcial que ten a súa orixe na illa de Okinawa entre os s. XV e XVIII debido a que, por unha razón ou outra, os habitantes da illa víronse impedidos de utilizar armas, polo que se viron obrigados para defenderse a utilizar os apeos correntes de traballo agrícola. As principais armas utilizadas en kobudo son: tanbo (pao corto), bo (pao longo), jo (pao mediano), tonfa, nunchaku, sai e kama. PilatesProfesora: Irene Mª López GagoNace en A Coruña en 1982, comeza a tomar clases de Ballet Clásico a idade de 4 anos, ca profesora Beatriz Gamborino Caramés. Posteriormente recibe clases no Conservatorio de Danza de A Coruña durante 8 anos e na Escola de Jazz Steps. No ano 1999 trasládase a cidade de Santiago de Compostela e cursa estudos en Ballet Studio e cursiños en Cidade Real. En total, cursa 11 niveis da Royal Academy of Dance, o último deles Advanced Foundation. Imparte clases desde o ano 2001 en Ballet Studio de Iniciación á Danza Clásica para adultos e de Ballet Clásico para nenos. Actualmente traballa como mestra de Danza Moderna, Danza Clásica e Pilates no Ximnasio-Escola San Clemente e na Escola Sondodance de A Estrada, con grupos de distintos niveis e idades. A práctica deste método ten como oxectivo tonificar os músculos dunha forma completa e anaeróbica. Neste nivel pretendemos acadar o coñecemento dos exercicios máis básicos desta metodoloxía, así como a súa correcta execución. Para ver esta web con todo su contenido debe tener instalado Flash Player 7 y activado el javascript. |